AS ALGAS


Cantos tipos de algas coñeces? Todo un mundo por descubrir

No mundo existen unhas 27.000 especies distintas de algas. A alga Fucus Vesiculosus, utilizada nos cosméticos de La Espiral Verde, é unha alga parda pertencente ao reino de Protista e tamén coñécese como Sargazo vexigoso polas súas vexigas cheas de aire que lle permiten manterse a flote na auga. Este tipo de algas crece nas rochas, de aí o seu gran poder remineralizante.

A alga Fucus debe as súas propiedades a varios principios activos como o ácido alxínico e outros mucílagos, a fucoidina, a laminarina e diversos carotenoides (factores provitamínicos).

Outra das algas utilizadas nos nosos produtos é a Laminaria Digitata ou Kombu, que ten as mesmas propiedades que a alga Fucus.

Ademais, incorporamos tamén a Spirulina Platensis, unha microalga verde-azul que constitúe unha das fontes naturais máis completas de nutrientes (máis de 50), vitaminas (A e mais E) e minerais (13) que axudan a renovar os tecidos, contrarrestar os efectos da radiación e estimular a irrigación sanguínea ás capas máis externas da pel e o sistema inmunitario, polo que é ideal para previr infeccións cutáneas. Tamén contén ferro, zinc, betacaroteno, antioxidantes naturais, clorofila e ficocianina, proteínas vexetais e aminoácidos esenciais. Ten propiedades rexeneradoras, remineralizantes, desconxestivas, redutoras, reafirmantes e anti-envellecemento. Ademais, axuda a manter a elasticidade da pel ao activar a síntese do coláxeno e a elastina e a combater as manchas.

Xa coñeces os beneficios das algas? En La Espiral Verde apostamos forte por elas e convertémolas no ingrediente estrela dos nosos produtos

Os investigadores do Instituto de Acuicultura da Universidade de Stirling, en Escocia, descubriron que os ácidos graxos que conteñen as algas axudan a previr o crecemento e acumulación de bacterias na pel, causante de moitas afeccións cutáneas como o acne.

Algunhas substancias presentes nas algas, como fenoles, beta-caroteno, tocoferoles e vitaminas C e mais E, teñen unha gran capacidade antioxidante, anti-radicais libres, retrasando así o envellecemento prematuro da pel. As vitaminas C e mais B3 (Niacina) presentan propiedades fotoprotectoras e preveñen a perda de coláxeno. Os fucoidanos son polisacáridos que estimulan a produción de coláxeno e inhiben a aparición de manchas e engurras.

Os hidratos de carbono que conteñen as algas contribúen ao mantemento hídrico do estrato córneo, formando unha película protectora sobre a pel que evita e retrasa a perda de auga transepidérmica. Estas substancias, xunto cos alxinatos, manteñen a pel nun nivel óptimo de hidratación.

As algas presentan tamén propiedades anti-edema e anti-celulite, posto que as sales minerais, e en especial o iodo, provocan unha estimulación do metabolismo xeral e dos intercambios osmóticos, provocando así a eliminación de líquidos superfluos e toxinas e estimulando a circulación, a vasodilatación local e o fluxo linfático.

Que teñen de especial os cosméticos de La Espiral Verde?

O lugar onde se atopa e desenvolve a alga, o estado da auga, as condicións de recollida, secado, moenda e xelificación, e o modo de elaboración do cosmético son claves.

A nosa experiencia previa no desenvolvemento de patentes para a obtención e separación de substancias alimentarias serviu para desenvolver estes mesmos procesos no laboratorio co obxecto de procurar un ingrediente con maior cantidade de principio activo e, polo tanto, maiores propiedades cosméticas.

Estudando minuciosamente no laboratorio todas estas características, recollendo mostras en diferentes zonas e mareas, e mesmo viaxando para ver como se comportaban as algas en diferentes medios, puidemos comprobar que o lugar, a temperatura da auga, a exposición atmosférica, a temperatura exterior, a inexistencia de nitritos na auga, a súa salinidade e opacidade, o modo de obtención da alga e o seu secado, e a textura son factores, entre outros, que inflúen na proporción de principios activos das substancias que integran tanto a alga Fucus como a Laminaria.

No momento de aplicarmos as algas na elaboración dos cosméticos, estudamos tamén con detalle que produtos mesturar antes ou despois, a temperatura, o tempo de reaccións entre mesturas, a axitación, o modo de incorporación da alga, etc.

Con todo isto, conseguimos incrementar considerablemente as propiedades dos nosos cosméticos.

Propiedades das algas pardas

Acción 

Activo 

Aplicación cosmética

Hidratante 

mucílagos (alxinatos) 

humectante

filmóxena

suavizante

anti-irritante

Anti-inflamatoria 

polisacáridos 

anti-irritante

Anti-envellecemento 

polisacáridos 

anti-idade

epitelizante

antioxidante

Anti-edema

iodo orgánico

anti-celulite

desconxestionante

Antimicrobiana 

polisacáridos 

purificante

antiséptica