CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

ENVÍOS E DEVOLUCIÓNS

CONDICIÓNS DE ENVÍO

Os pedidos entregaranse xeralmente entre 24/48 horas trala recepción do seu pagamento.

Horario Inverno

Os pedidos realizados despois das 5 da tarde de luns a xoves despacharanse ao día seguinte. Os pedidos que se realicen en venres despois da 1 da tarde despacharase o luns se é hábil. Así mesmo, cando coincida algún festivo despacharase ao seguinte día hábil.

Horario Verán

Os pedidos que se realicen despois das 2 da tarde de luns a xoves despacharanse ao día seguinte. Se o pedido se recibe o venres despois das 2 de la tarde, despacharase ao luns seguinte se é día hábil.

O envío realizarase vía ASM e GLS/ASM a Europa.

Os gastos de envío poderán variar dependendo do peso e destino do paquete.

Para compras superiores a 50 euros, os envíos serán de balde dentro da Península Ibérica e Illas Baleares. No caso de non superar este importe, as tarefas a aplicar serán as seguintes:

Galicia: 2,94€ + impostos

Nacional: 4.51€ + impostos

Baleares: 9,47€ + impostos (illas maiores) 11,25€ + impostos (illas menores)

Portugal: 5,03€ + impostos

Os envíos a Europa están divididos en zonas (IV, V e VI) como segue e serán de balde para compras a partir de 85 euros. No caso de non chegaren a este importe, a tarefa de envío será de 14,60 euros + impostos para as zonas IV e V, e de 20,60 euros + impostos para a zona VI.

IV: Alemaña e Francia

V: Austria, Bélxica, Gran Bretaña, Italia, Holanda

VI: República Checa, Dinamarca, Polonia, Eslovenia, Eslovaquia

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

No caso de que vostede reciba un produto danado ou defectuoso, contacte con nós de contado no correo electrónico info@laespiralverde.com.

Para devolver o dito produto, disporá dun prazo de 14 días naturais a partir do día no que o recibiu, sempre e cando o produto se atope en perfectas condicións e na súa embalaxe orixinal. Transcorrido ese prazo, non nos faremos cargo de ningunha devolución.

No caso de que se cumpran as condicións de devolución, farémonos cargo dos portes de devolución e procederemos a enviarlle un novo produto para substituír ao defectuoso.

O transportista realizará ata dous intentos de entrega. Se o paquete non se pode entregar ao segundo intento, será devolto a La Espiral Verde. Neste caso, procederemos a devolverlle no prazo de 14 días o importe total da súa compra menos os custos de envío e devolución.

--------------------------------------------------------------

A utilización dos servizos ou a contratación de produtos e/ou servizos en laespiralverde.com supón a aceptación das seguintes condicións xerais:

1. Aceptación e dispoñibilidade das Condicións Xerais de Contratación

Mediante a aceptación do presente Contrato, Vostede declara que é unha persoa maior de idade e con capacidade para contratar e que leu e acepta as presentes Condicións Xerais.

Estas Condicións Xerais (en adiante, "as Condicións Xerais"), regulan a relación xurídica que emana dos procesos de contratación realizados entre os usuarios-clientes (en adiante, "os Clientes") do sitio web localizado na url http://www.laespiralverde.com, propiedade de LA ESPIRAL VERDE S.L. (en adiante “laespiralverde.com”).

Os Clientes aceptan as Condicións Xerais desde o instante en que utilicen ou contraten o servizo e/ou adquiran calquera produto. Este documento pode ser impreso e almacenado polos Clientes.

laespiralverde.com pon a disposición destes o enderezo de e-mail info@laespiralverde.com para que poidan preguntar calquera dúbida sobre as presentes Condicións Xerais.

2. Normas aplicables

As presentes Condicións Xerais están suxeitas ao disposto na Lei 7/1998, de 13 de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación; o Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias; ao Real Decreto 1906/1999, de 17 de decembro de 1999, polo que se regula a Contratación Telefónica ou Electrónica con condicións xerais; a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal; a Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio polo Miúdo; e á Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico.

3. Modificación das Condicións Xerais

laespiralverde.com poderá modificar as presentes Condicións Xerais, notificándoo aos Clientes con antelación suficiente, co fin de mellorar os servizos e/ou produtos ofrecidos a través da web. Mediante a modificación das Condicións Xerais expostas na páxina Web de laespiralverde.com, entenderase por cumprido o dito deber de notificación.

En todo caso, antes de utilizar os servizos e/ou contratar produtos, poderanse consultar as Condicións Xerais.

4. Descrición dos produtos e servizos

Os produtos de laespiralverde.com, que son comercializados mediante a web ou teléfono, conceden o dereito de devolución nos 14 días seguintes á recepción do pedido sen penalización ningunha, de conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral pola Defensa dos Consumidores e Usuarios e coa Lei 7/1996 de Ordenación de Comercio polo Miúdo.

Recomendámoslle que antes de realizar calquera tipo de cancelación do pedido se poña en contacto con nós mediante teléfono ou correo electrónico.

5. Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre as obras, marcas, logos, e calquera outro susceptible de protección, contidos na páxina web de laespiralverde.com corresponden en exclusiva a LA ESPIRAL VERDE S.L. salvo que nas mesmas se indique titularidade distinta. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas de tales obras, marcas, logos, etc. constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial de laespiralverde.com ou do titular dos mesmos, e poderá dar lugar ao exercicio de cantas accións xudiciais ou extraxudiciais lles puidesen corresponder no exercicio dos seus dereitos.

6. Uso do servizo e responsabilidades

laespiralverde.com non garante a dispoñibilidade permanente dos servizos, quedando exonerado de calquera tipo de responsabilidade por posibles danos e prexuízos causados debido á indispoñibilidade do servizo por causas de forza maior ou erros nas redes telemáticas de transferencia de datos, alleos á súa vontade.

laespiralverde.com non se fai responsable do contido dos enlaces a outras páxinas web que non sexan titularidade súa e que, polo tanto, non poden ser controladas por esta. O CLIENTE manifesta que coñece a información facilitada por laespiralverde.com a través dos seus servizos.

7. Privacidade e Protección de Datos de Carácter Persoal

Mediante a entrega do enderezo de correo electrónico ou outros datos persoais, requisito necesario para a contratación de certos servizos, os Clientes dan o seu permiso para que estes enderezos sexan tratadas e ademais utilizadas para enviar comunicacións comerciais de promoción ou publicidade dos servizos e produtos ofrecidos por laespiralverde.com. laespiralverde.com pon a disposición dos Clientes o enderezo de correo electrónico info@laespiralverde.com para que estes revoquen o consentimento prestado.

laespiralverde.com declara que cumpre a normativa vixente respecto da protección de datos, en particular a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e o Real Decreto 1720/2007, de 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da citada Lei Orgánica. laespiralverde.com pon a disposición dos Clientes os medios de contacto referidos no parágrafo anterior para que estes exerzan os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola lexislación vixente.

8. Notificacións

Todas as notificacións, requirimentos, peticións e outras comunicacións que deban efectuarse polas Partes en relación coas presentes Condicións Xerais, deberán realizarse por escrito e se entenderá que foron debidamente realizadas cando sexan entregadas en man ou ben remitidas por correo ordinario ao enderezo da outra parte ou ao enderezo electrónico desta, ou ben a calquera outro enderezo físico ou electrónico que a estes efectos cada parte poida indicar á outra.

9. Nulidade e ineficacia das Cláusulas

Se calquera cláusula incluída nestas Condicións Xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á dita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo as Condicións Xerais en todo o demais, téndose tal disposición, ou a parte da mesma que resultase afectada, por non posta.

10. Xurisdición e Lei aplicable

A lei aplicable ao presente contrato será a Lei Española.

Para calquera diverxencia xurdida do presente Contrato, ambas partes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade de VIGO , con renuncia ao seu propio foro se este fose outro.