QUEN SOMOS

 

 

La Espiral Verde é unha empresa galega fundada en Vigo en 2014 como resultado dunha procura persoal dunha vida máis saudable en todos os ámbitos.

 

Unha das bases da cosmética ecolóxica é precisamente o uso de ingredientes naturais obtidos e elaborados mediante procesos naturais. Eliximos as algas como compoñente principal dos nosos produtos por estarmos moi familiarizadas con elas, dadas as nosas orixes galegas.

 

La Espiral Verde, marca internacional, conta cun departamento técnico especializado na investigación en algas mariñas, un departamento de I+D onde profesionais técnicos desenvolven as nosas fórmulas, e instalacións para a fabricación, envasado, deseño e packaging, etc.

 

Cada un dos nosos produtos leva un traballo de meses de investigación e desenvolvemento ata obter a textura, características e calidade desexadas. Utilizamos ingredientes ecolóxicos e orgánicos certificados e naturais.

 

Os produtos e actividades de La Espiral Verde, S.L están certificados de acordo coa Norma BioVidaSana pola certificadora suíza bio.inspecta, integrada entre outros polo Research Institute of Organic Agriculture (FIBL), o maior laboratorio de investigación e desenvolvemento de agricultura ecolóxica en Europa.

 

Actualmente, La Espiral Verde forma parte do centro de investigación de referencia internacional de produtos do mar Anfaco-Cecopesca, en cuxa Incubadora de Empresas estamos instaladas. Ademais, formamos parte do clúster galego de empresas biotecnolóxicas Bioga, xa que cremos que ecoloxía e avances biotecnolóxicos poden ir perfectamente da man no seu camiño cara a un mundo máis sustentable e mellor.

 

Ética e compromiso son os alicerces fundamentais sobre os que se asenta a nosa empresa, xa que o noso proxecto non tería sentido sen eles.